traballos
Arte
traballos
Arte

Productora cultural

Traballamos na produción audiovisual para diversos eidos da arte

Axentes culturais como museos, exposicións, festivais de música e artes escénicas (teatro, danza…) promoven o valor positivo dos seus proxectos e xeran accións para incrementar o consumo e a participación do público. Dende MIRAMEMIRA S.L colaboramos con estes proxectos producindo audiovisuais como teasers, reportaxes e resumos, sempre representando a súa particular esencia.

Para iso, deseñamos e producimos audiovisuais en Galicia e fora de Galicia, a través do estudo do proxecto xunto co axente cultural, poñendo o foco nos valores fundamentais do proxecto artístico e mantendo clara a mensaxe e síntese inicial.

Os soportes escollidos para estas producións audiovisuais adoitan ser as redes sociais, reportando o resumo ou teaser co propósito de amosar a esencia do evento cultural.

Se o proxecto o require, preparamos e realizamos entrevistas; tanto cunha produción máis complexa con iluminación e multicámara, coma entrevistas máis sinxelas e inmediatas como as declaracións, co propósito de achegar dun xeito máis verídico a experiencia dos participantes.

Algunhas das institucións e empresas privadas para as cales colaboramos son: a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a Cidade da Cultura de Galicia, o Centro Dramático Galego, AGADIC, o Xacobeo, o Consello da Cultura Galega, o MA Scène Nationale de Montbeliard (Francia), a Fundación Abanca, a Galería Nordés, a Fundación Camilo José Cela e longo etcétera

Arte en video na nosa productora

Destacamos os videos promocionais das últimas producións do Centro Dramático Galego, “O Charco de Ulises”, “As oito da tarde, cando morren as náis” ou “Martes de carnaval”; a Compañía Sharon Fridman, “All ways”; os treasers de MA Scène Nationale dos últimos anos, ou os proxectos para o festival Escenas do Cambio da Cidade da Cultura.

As reportaxes da galería de Arte Nordés (Santiago de Compostela), como por exemplo, as exposicións de Mar Ramón ou Alberto Oderiz, ou as do Centro Galego de Arte Contemporána, como son os de Asghar Farhadi ou o 30 aniversario do CGAC.

0