traballos
Comunicación
traballos
Comunicación

Video reportaxes e videos promocionais

Achegamos os eventos culturais ao público

Comunicar e achegar un evento cultural á maior cantidade de persoas posibles como público obxetivo é outro dos principais propósitos da produción audiovisual de MIRAMEMIRA. Para cumplir este obxectivo empregamos diferentes estructuras actuais da comunicación audiovisual, que van dende os promocionais para redes socias ata anuncios para a televisión, pasando por distintos formatos para a inclusión nas plataformas dixitais específicas.

Comunicación en Miramemira

Entendemos o valor da comunicación audiovisual como unha ferramenta que fomenta a riqueza cultural destinada ao ocio ou á difusión do noso patrimonio material e inmaterial. Por este motivo, adoitamos empregar narrativas diferentes como promocións, anuncios, spots e reportaxes con e sen entrevistas.

Para a produción destes audiovisuais deseñamos, guionizamos, producimos, diriximos e postproducimos de forma autónoma ou compartida según o requira o proxecto ou a demanda do cliente.

As nosas producións audiovisuais para a comunicación adoitan ser para institucións como a Cidade da Cultura de Galicia, con pezas de curta duración para unha maior efectividade na comunicación en redes sociales; a Deputación da Coruña, con spots ou anucios para a televisión, redes sociais ou cuñas de radio; reportaxes de comunicación de eventos, proxectos ou actividades persoais para a plataforma e revista cultural e dixital Vinte.gal; a Axencia Galega de Innovación (GAIN), na difusión dos proxectos tecnolóxicos e de investigación científica, coas reportaxes con entrevistas e declaracións; o Xacobeo, coa difusión das súas infraestructuras adaptadas as novas necesidades de uso; o AGADIC, coa difusión dos seus eventos e festivais (Propulsa o Galicia Escena Pro); a Consellería de emprego e igualdade, coas reportaxes do EMEGA, así como outras empresas privadas que teñan a necesidade de empregar o audiovisual para comunicar os seus productos ou eventos, como o exemplo o que amosamos de Mábaka.

En MIRAMEMIRA adoitamos colaborar con outras produtoras audiovisuais para dar servizos co noso equipo profesional e técnico: dirección de proxecto, dirección de fotografía, gravación con equipos profesionais, edición, postproducción con grafismos e formatos de saída para televisión ou internet.

0