producción
Cinematográfica
Audiovisual galego en Miramemira
Producimos cinema
Destaca a nosa labor como produtora cinematográfica de filmes nas fases de producción executiva pero tamén desenvolvemento, producción e post-produción.
Explora as nosas produccións
Como produtora audiovisual MIRAMEMIRA estivo detrás de proxectos cinematográficos como Os prexuízos da auga (2019), O que arde (2019), Sica (2023) ou O corno (2023).
A labor de Andrea Vázquez como produtora executiva foi decisiva para acadar diversos premios nacionais e internacionais.
No ano da súa estrea, “O que arde” dirixida por Oliver Laxe, estivo presente en numerosos festivais cinematográficos.
Destaca a súa participación no Festival de Cannes de 2019 na sección Un Certain Regard onde gañou o Premio do Xurado. O filme competiu na 34º edición do Festival Internacional de Cinema de Mar del Plata onde gañou o Astor de Ouro ó mellor filme. Nos Premios Gaudí de 2020, o filme foi recoñecido como mellor filme europeo, ademáis de conseguir o premio de mellor dirección de fotografía para Mauro Herce.
Na 34º edición dos Premios Goya estivo nomeado a catro categorías, incluído mellor filme, mellor director, mellor fotografía e mellor actriz revelación. Finalmente, gañou os premios de mellor fotografía para Mauro Herce e mellor actriz revelación para Benedicta Sánchez.
Na 18ª edición dos Premios Mestre Mateo foi nomeado en doce categorías, incluíndo mellor filme, mellor director, mellor actor, mellor actriz, mellor fotografía e mellor guión; dos cales gañou os de mellor filme, mellor director, mellor dirección artística, mellor montaxe, mellor son e mellor fotografía. Tamén foi galardonada e recoñecida nos Premios RNE Sant Jordi de Cinematografía, nos Premios Gaudí de 2020, no Festival Internacional de Cinema de Hainan, Chicago Film Festival e Ourense Film Festival, entre outros.
No ano 2023 O Corno gaña a Concha de Oro a Mellor Película no 71º Festival de San Sebastián e no ano 2024 nos 38º Premios Goya Janet Novás gaña mellor actriz revelación.