traballos
Educación
Educación audiovisual
Traballamos na creación de material audiovisual para a divulgación cultural.
Somos conscientes da necesidade de preservar e difundir a identidade e cultura. Buscamos poñer en valor o noso patrimonio histórico e cultural tanto material como inmaterial. Abordamos este tipo de proxectos coa investigación e a documentación necesaria e aplicamos o coñecemento da nosa experiencia na formación no eido da cultura, co fin de promover e defender os seus diversos valores.
Elaboramos reportaxes, documentais, series-documentais e curtametraxes de carácter divulgativo e educativo para a súa difusión online mediante as diferentes plataformas dixitáis (públicas ou privadas) ou para a retransmisión en televisión, centrados na cultura, a historia e a sociedade.
Có obxectivo de dar a coñecer a cultura ao público, empregamos distintas técnicas e ferramentas audiovisuais: entrevistas en multi-cámara, filmacións mediante cámaras aéreas (Drones), iluminación específica tanto de persoas como obras de arte… Postproducimos audiovisuais con grafismos e efectos especiáis necesarios para o proxecto.
As entidades e empresas coas que traballamos son a Real Academia Galega, o Centro Dramático Galego, a revista dixital Vinte na Praza, Correos, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, Museo do Pobo Galego…
Arte educativo
Destacamos proxectos como a serie web “Xela Arias. A palabra esgazada”, nominada aos Premios Mestre Mateo, premios da Academia Galega do Audiovisual, á mellor serie web no 2021 producida para a Real Academia Galega, así como as series web para a Academia como son: “Florencio Delgado Gurriarán, O soño da Galicia infinda” e “Francisco Férnandez del Riego, o que nunca se rendeu” ou a curtametraxe “A orixe da nosa lingua guapa”. Os MOOCS (cursos online) para a USC “Camiño de Santiago – Cátedra de Santiago e das peregrinacións”; ou “E de súpeto no tempo” para o Centro de interpretación de Caldoval, son outros exemplos das nosas producións audiovisuais para o ámbito educativo e divulgativo.