Traballos

Productora Audiovisual Galicia Miramemira

MIRAMEMIRA S.L é unha produtora audiovisual e de cinema galega fundamentada no estudo da imaxe e da comunicación. O noso equipo está formado por un grupo de profesionais procedentes de diversas áreas coma o audiovisual, a xestión cultural, o deseño gráfico e a arte. Atopámonos en Santiago de Compostela e realizamos e acompañamos proxectos audiovisuais, artísticos e culturais.

A traxectoria de MIRAMEMIRA S.L comeza en 2006 en Santiago de Compostela da man de Andrea Vázquez e Damián Varela sacando adiante unha ampla diversidade de proxectos, dende longametraxes cinematográficas de documental e de ficción ata audiovisuais para eventos culturais, vídeos promocionais e para a formación e diferentes campañas de acción cultural. Todo isto traballando para ou en colaboración de axentes culturais tales como a Cidade da Cultura de Galicia, a AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporáneo), o Xacobeo, o Museo do Pobo Galego, o Centro Dramático Galego, a Real Academia Galega, a Universidade de Santiago de Compostela, o Consello da Cultura Galega, a Galería Nordés, a Revista digital Vinte na Praza, a Compañía. Voadora ou Compañía Pisandoovos, entre outros.

Nos últimos anos MIRAMEMIRA S.L desenvolveu a súa actividade centrándose nos seguintes campos de traballo:

1.

Produción audiovisual para a promoción de eventos culturais para redes sociais e televisión:

Destacamos institucións e empresas privadas como a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, a Cidade da Cultura de Galicia, o Centro Dramático Galego, a AGADIC, o Xacobeo, o Consello da Cultura Galega, a Fundación Abanca, a Galería Nordés ou a Fundación Camilo José Cela.

2.

Creacións de audiovisuais para museos e exposicións, documentación de obras de arte, performance e artes escénicas

Realización de labores de documentación, investigación e creación. Destacamos entre as entidades públicas e privadas coas que colaboramos a Cidade da Cultura de Galicia, o Museo do Pobo Galego ou o CGAC.

3.

Reportaxes e documentais para difusión online, televisión, salas de cine e festivais:

Centrados na cultura e sociedade galegas en colaboración con entidades e empresas como a Real Academia Galega, o Centro Dramático Galego, a revista dixital Vinte na Praza, Correos, a Universidade de Santiago de Compostela ou a Universidade de Vigo.

4.

Produción cinematográfica de filmes nas fases de produción executiva, desenvolvemento, produción e post-produción

Acadando premios en Cannes (Premio do Xurado, sección “Un certain regard”), a Concha de Ouro en San Sebastián, no Festival de cine internacional de Ourense, no Chicago Film Festival, nos Premios Goya, nos Premios Feroz, e moitos outros.

0

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.